Que é?

O día dos datos abertos é unha celebración anual dos datos abertos ao redor do mundo. Por décima vez na historia, grupos de todo o mundo crearán eventos locais que utilizarán datos abertos nas súas comunidades para crear aplicacións, visualizacións, liberar datos ou publicar análises.

Todos os traballos realizados son abertos para usarse e re-usarse.

Para o Día dos datos abertos 2020 queremos que a comunidade siga crecendo. O enfoque este ano será en catro áreas craves que cremos que os datos abertos poden axudar a resolver.

  • Datos ambientais
  • Rastrexo de fluxos de diñeiro público
  • Mapeo aberto
  • Desenvolvemento equitativo

Localización

Museo Domus (A Coruña)

Dirección: Rúa Ángel Rebollo, 91, 15002 A Coruña

Horario

Charlas/Obradoiros
HORA CHARLA Relator
10:00 10:45 Mapeo colaborativo con OpenStreetMap Jorge Lama Varela
11:00 11:45 Datos abertos na administración pública Rafael Rodríguez Gayoso
12:00 12:45 Saúde pública, camiño do opendata Miguel Ángel Rodríguez Muíños
13:00 14:00 Introdución a Scrapy Adrián Chaves
XANTAR

Contacto

Se desexas poñerte en contacto connosco mandanos un mail a info@melisa.gal

Inscrición

A entrada ás charlas e obradoiros é libre e gratuíta ata completar aforo. Non é necesaria a inscrición previa para asistir ás charlas e obradoiros

As charlas e obradoiros terán lugar no Museo Domus (A Coruña)