Inicio Que é? Localización Horario
Charlas/Obradoiros
Mapeo colaborativo con OpenStreetMap Datos abertos na administración pública Saúde pública, camiño do opendata Introdución a Scrapy
Contacto Inscrición
Que é? Localización Horario Charlas/Obradoiros Contacto Inscrición

Charlas/Obradoiros

Mapeo colaborativo con OpenStreetMap

Horario: 10:00 a 10:45

Duración estimada: 45 min

Enlace ao streaming

Relator: Jorge Lama – Friki confesado, deseñador sonoro e produtor de podcasting con ganas volverse Content curator. Defensor da Cultura Libre.

Taller para coñecer OpenStreetMap, onde aprenderemos a subir e descargar información da súa base de datos. Veremos tamén, algunhas ferramentas libres para sacar proveito dos datos xeográficos e poder crear mapas con eles.

Descarga da presentación en html

Descarga da presentación en pdf

OpenStreetMap

Datos abertos na administración pública

Horario: 11:00 a 11:45

Duración estimada: 45 min

Enlace ao streaming

Relator: Rafael Rodríguez Gayoso – Técnico de Innovación no Concello de Santiago de Compostela, onde coordina proxectos de goberno aberto, e voluntario de MeLiSA, colaborando co resto de compañeiros para realizar actividades relacionadas co software e hardware libre.

As administracións públicas son entidades que publican gran cantidade de datos en aberto. E neste obradoiro, vaise traballar coa API de CKAN para poder obter os catálogos e conxuntos de datos publicados dende este xestor. Ao mesmo tempo, vanse presentar os obxectivos principais do proxecto Cidades Abertas, no que participa o Concello de Santiago de Compostela. Os asistentes que desexen seguir os exercicios deben traer un equipo cun sistema operativo GNU/Linux.

Logo Ciudades Abiertas

Saúde pública, camiño do opendata

Horario: 12:00 a 12:45

Duración estimada: 45 min

Enlace ao streaming

Relator: Miguel Ángel Rodríguez Muíños – Técnico Informático de profesión. Cabaleiro andante do Software Libre por vocación e músico amateur por afección.

Na web da Dirección Xeral de Saúde Pública podemos atopar un apartado de "datos" no que se publican, dende fai anos, estatísticas e indicadores de diversos temas relacionados coa saúde. Este apartado, inicialmente plantexado como un sistema de visualización estática, estase a transformar nun contenedor de datos dinámico no que o usuario pode acceder aos datos do seu interese e "construir" consultas, fácilmente visualizables e/ou descargables.

O camiño ao Opendata é evidente e o seu máximo expoñente, nestes intres, é o Sistema de Información sobre Mortalidade por Cancro de Galicia (SIMCA) no que colabora a Asociación MeLiSA.

Saúde pública - Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

SIMCA

Causas seleccionadas

Captura da web da Dirección Xeral de Saúde Pública

Introdución a Scrapy

Horario: 13:00 a 14:00

Duración estimada: 1 hora

Enlace ao streaming

Relator: Adrián Chaves – Desenvolvedor de software. Adrián comenta que sinte paixón polo software libre e a cultura libre en xeral, e esa paixón levouno a aprender linguaxes de programación e tecnoloxías que hoxe en día lle permiten contribuír á comunidade.

O taller consistirá nunha introducción ás tecnoloxías libres de extracción de datos de internet, seguido dunha práctica na que aprenderemos a crear un proxecto básico de extracción.

Os asistentes que desexen participar no exercicio práctico deberán asistir cun ordenador de seu, no que deberán ter instalada Scrapy (https://docs.scrapy.org/en/latest/intro/install.html).

Descarga da presentación en pdf

Scrapy

Organizan:

Asociación de usuarios de software libre da Terra de Melide

Bricolabs

Colaboran:

Museos Científicos Coruñeses
Museos Científicos Coruñeses
Logo Atlantics

Patrocinan:

Amtega

Xunta de Galicia

Asociación Melisa. 2020

Creative Commons BY-SA

Código en GitLab

GitLab